Licenciada en Xornalismo pola USC, especializada en Comunicación polo Instituto Galego de Medios Sociais e Posgrao de Márketing Dixital e Ecommerce na Universitat de Barcelona. Actualmente responsable de Márketing, Comunicación e RSC na empresa Casa Grande de Xanceda, con máis de 10 anos de traxectoria profesional nas áreas indicadas, tamén como formadora e mentora en programas como ES-Mentoring, ou entidades como Comisións Obreiras.